Sthela Táboas 07/10/2021

No día de onte coñeceuse que Frigolouro e Servicarne anunciaron a presentación de recurso á sentenza do pasado día 17 de setembro, emitida polo Social nº 2 de Vigo, onde se deixa ben claro que a utilización da figura dos “falsos autónomos” era totalmente ilegal

Dende UGT-FICA Vigo “lamentamos que Frigolouro e Servicarne continúen con este procedemento xudicial, demostrando así a súa falla de compromiso cunhas relacións laborais que deberían ser as propias do século XXI, onde non caben este tipo de prácticas abusivas que foron utilizadas como mero mecanismo de precarización das condición das persoas traballadoras”.

Para UGT-FICA Vigo “o camiño acertado que debería de tomar Frigolouro é o de pechar este capítulo pouco edificante do cal participou, ao igual que o conxunto das empresas cárnicas do noso país, e deixar que @s traballadores afectados por esta ilegalidade poidan por fin restituír e resarcir todos os dereitos que lles foron pisoteados”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad