Sthela Táboas 07/10/2021

Tratáronse detalles técnicos sobre o proxecto de supresión do paso a nivel como un espazo peonil máis amplo no tramo da vía soterrado

A alcaldesa Eva García, asistida por técnicos municipais, e a directora xeral de Planificación e Proxectos de ADIF, Monserrat Rallo, tamén asistida por técnicos do seu departamento, mantiveron esta mañá unha reunión telemática para revisar detalles sobre o proxecto de supresión do paso a nivel no centro de Porriño.

A alcaldesa trasladoulle a ADIF a posibilidade de que estuden aumentar a lousa, é dicir o tramo da vía férrea que será soterrada, para que haxa un espazo peonil máis amplo que permita unha maior trama urbana.

Os técnicos de ADIF valorarán esta posibilidade, que se resolverá nunha próxima reunión técnica, que xa será presencial, que se celebrará en novembro en Madrid.

Eva García amosouse “moi esperanzada” de que o proxecto de supresión do paso a nivel do Porriño, reciba unha das partidas de inversións contempladas nos Orzamentos Xerais do Estado para 2022.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad