Sabela Landín 06/10/2021
Salvaterra de miño

O Concello de Salvaterra de Miño botou a andar o Servizo de Orientación Laboral fai case 10 meses

Preto duns 400 usuari@s do Servizo de Orientación da Oficina de Emprego foron atendidos, nos dez meses que leva en funcionamento, prestando un servizo  de diagnose individualizada e elaboración do perfil ocupacional, deseño de itinerarios personalizados para o emprego, acompañamento personalizado, deseño e planificación de acción, elaboración de CV, emprego de ferramentas e recursos para a búsqueda de emprego, asesoramento, etc.

Ao  mesmo tempo, o Servizo de Orientación levou a cabo nestes dez meses 75 IPIs, dos cales aínda están 26 abertos. Os IPIs son itinerarios personalizados de inserción onde se traballa individualmente durante 6 meses todos os aspectos da búsqueda para que poidan atopar emprego, pero tamén para que sexan independentes na búsqueda e teñan todos os recursos ao remate do periodo; un traballo intenso e continuo que require un compromiso firme por parte do usuari@.

Dende este departamento creouse tamén unha bolsa de emprego que conta con máis de 400 persoas que, xestionou 24 ofertas de emprego demandadas polas empresas.

Ademais, por medio das Redes Sociais fanse publicación de ofertas de traballo no noso territorio de influencia e colabórase cos CDLs da zona para cubrir ofertas e promocionar máis opción aos nosos veciños e veciñas.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad