Os cortes de tráfico están previstos entre as 09.30 e as 11.00 h e so afecta a 5 km de Chenlo e Mosende
A Policía Local e a agrupación de Protección Civil do Porriño anuncian que mañá sábado día 2, realizarán cortes intermitentes de tráfico polo paso do evento ciclista ‘Grava & Polbo’, entre as 9.30 e as 11.00 h.
O tramo afectado no Porriño por estes cortes será de 5 km de estrada desde o acceso de Herville á parroquia de Chenlo, baixando por Mosende ata chegar á estrada de Ribadelouro, xa no Concello de Tui.
‘Grava & Polbo’ é unha marcha ciclista non competitiva para bicis de grava, que se desenvolve por estradas, pistas forestais e camiños da provincia.
A saída e chegada situaranse na praza do Concello de Gondomar.