Mónica Romero 29/09/2021

Este vial de nova creación sitúase ao redor do Pazo dos Marqueses de Mos, e presenta unha densidade de tráfico bastante elevada debido á súa ubicación

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras mosense, Camilo Augusto, informaron esta mañá da adxudicación da obra de instalación da iluminación no vial alternativo de A Rúa en Santa Eulalia, parroquia de Mos, á empresa concesionaria que acometerá os traballos.

Obra que está financiada no 80% pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo.

O obxecto do proxecto é a instalación de alumeado público no vial alternativo existente en A Rúa de Mos. Este viario xurdiu como un vial alternativo, ao vial existente na zona de Santa Eulalia – A Rúa. Este vial da Rúa soportaba un gran tránsito de peóns, particularmente peregrinos, e vehículos a motor, nunha difícil convivencia que compría resolver por motivo da seguridade viaria. As obras contemplaron a explanación, pavimentación, drenaxe e sinalización dun novo viario, así como a execución de muros de sostemento, nunha lonxitude de 520 m. Este novo vial parte da estrada provincial DP-2601, onde se acometeu unha pequena glorieta, e tivo que executarse adaptándose no posible ao terreo para minimizar o movemento de terras, nunha zona de fortes pendentes. Tamén se acondicionou un treito de pista municipal existente, ata volver a chegar ao Camiño da Rúa, configurándose unha “variante” a este camiño completamente funcional. No novo vial construíuse cunha senda peonil adosada de 2,5 m de ancho.

Este vial de nova creación (a súa construcción rematou a principios do ano 2021) sitúase ao redor do Pazo dos Marqueses de Mos, e presenta unha densidade de tráfico bastante elevada debido á súa ubicación. A maiores trátase dun vial que se atopa ao carón do Camiño de Santiago, por onde pasan habitualmente miles de peregrinos ao ano, motivo polo cal se considera que debe facerse o antes posible a instalación dun alumeado público de calidade e con tecnoloxía led para procurar obter o maior aforro enerxético posible xa que este tipo de tecnoloxía reduce a emisión de contaminantes CO2 á atmosfera polo seu baixo consumo enerxético e aporta coidado ao medio ambiente.

Esta iluminación é necesaria pola seguridade vial deste novo tramo recentemente construido, debido a que durante as noites faise necesario este alumeado público. O trazado de forte pendente e unha curva existente na parte alta fan necesaria a urxente iluminación nocturna do vial co obxecto de evitar accidentes.

O modelo de iluminación a instalar é a máis apropiada para o aforro enérxetico con calidade da iluminación nas horas de tránsito, nivel do alumeado de acordo cos estándares de seguridade esixidos e prioridade ao consumo enerxético eficiente.

Para elo preténdese regular o réxime de funcionamiento dos alumeados segundo as horas, mellorar a eficacia das fontes lumínicas mediante a utilización de lámpadas máis axeitadas a cada entorno, proxectar con criterios de rendemento enerxético, limitando a utilización de luminarias de baixo rendemento, axustar as horas de funcionamiento ás necesidades reais de alumeado público en función do solpor e estudar o réxime de tarifas enerxéticas aplicables ao alumeado público.

A instalación estará dotada de columnas galvanizadas de 9m de altura, luminarias equipadas con tecnoloxía led, alimentación eléctrica trifásica e picas de toma de terra (protección da instalación). Colocaranse un total de 16 puntos de luz completos (columna, luminaria e alimentación trifásica).

A actuación que se pretende realizar é a instalación do alumeado público onde na actualidade non existe ningún tipo de iluminación. Para elo asinouse un convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, e o Concello de Mos polo que a administración autonómica destina a concesión dunha axuda para a execución do proxecto denominado instalación dunha rede de luz pública eficiente no vial alternativo A Rúa de Mos.

Racionalizando e optimizando o consumo enerxético e creando as condicións seguridade vial para a circulación de peóns e vehículos mellorarase pois este novo vial de recente creación.

Orixinariamente configurado como secundario ou alternativo, cun nivel de tránsito pequeno, este vial acabou transformado nunha ruta de tránsito con elevada demanda da veciñanza da zona pero tamén dos usuarios de concellos lindeiros. Isto é causa fundamentalmente de dous factores; por unha banda, a súa proximidade a unha área recreativa empregada para actos deportivos, culturais e sociais que está a xerar numerosa circulación e, pola outra, o trazado do Camiño de Santiago, que transcorre na contorna, polo que transitan miles de peregrinos ao ano.

A instalación a acometer consiste nunha rede de luz pública enerxeticamente eficiente, baseada en tecnoloxía led, incorpora o maior aforro enerxético posible sen perda de calidade lumínica e engádelle a este proxecto a variable ambiental dado que este tipo de tecnoloxía reduce a emisión de CO2 á atmosfera, contribuíndo á protección do ambiente. Actuación financiable de conformidade cos criterios e obxectivos do Fondo de Compensación Ambiental e outras actuacións específicas de protección do ambiente

A Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo subvenciona o 80% da instalación dunha rede de luz pública eficiente no vial alternativo á Rúa de Mos, cun orzamento total de 18.039,24 € (IVE incluído).

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad