A agrupación popular reclámalle ao Goberno local que esixa á empresa concesionaria que cumpra coa limpeza, a hixiene e a atención presencial no aparcamento, pero tamén cos pagamentos que debe ao Concello desde hai anos
Alejandro Lorenzo apunta que “a concesionaria non cumpre con ningunha das súas obrigas, pero continúa cobrando aos usuarios polo seu uso”
O Partido Popular do Porriño denuncia “o abandono e deficiencias” que sofre o parking da avenida de Galicia “nos que se están incumprindo de xeito grave os pregos polos que se adxudicou a concesión en 2004, e durante 40 anos, á empresa Cota 7 Servizos e Inversións S.A.”.
O voceiro do PP porriñés, Alejandro Lorenzo, explica que “a empresa concesionaria está incumprindo en todos os aspectos coas súas obrigas, leva varios anos sen pagar o aluguer, está sucio, mantemento extintores, falta hixiene e non existe atención presencial no aparcamento, pero si continúa cobrando aos usuarios polo seu uso ante un Goberno local que non fai absolutamente nada”. Ademais, tampouco hai seguridade e o ascensor está fóra de servizo, polo que impide o acceso a persoas con mobilidade reducida e carros de nenos.
Segundo Lorenzo, esta situación deixa en evidencia “a pésima xestión do PSOE -BNG d o Porriño, con pouca capacidade para solucionar os problemas e unha deixadez absoluta para reclamar á concesionaria que cumpra e garanta un servizo de calidade nunha instalación pública”. Por iso “o PP solicitou ao secretario, interventora e tesoreira municipais informes sobre a concesión do aparcamento, e saber cales son os pagos realizados pola empresa, o grao de cumprimento dos pregos técnicos e administrativos da concesión, os cobros que están pendentes e os requirimentos que fixo o Concello do Porriño á empresa concesionaria”.
“O Concello do Porriño ten que adoptar de xeito inmediato as medidas necesarias para o bo cumprimento dos pregos. Existe un total descontrol na vixilancia deste contrato. O Goberno local non poder deixar de xestionar o seu patrimonio, debe velar polos intereses da cidadanía do Porriño e obrigar á empresa concesionaria que cumpra todos os pregos e condicións do servizo”.