Sthela Táboas 27/09/2021

O grupo do goberno socialista contesta ao PP do Porriño sinalando que “ante as mentiras do PP hai que respostar con traballo, sorteando as trampas de quen non quere que O Porriño funcione e mire cara á fronte e ao futuro

Ante as recentes declaracións verquidas polo portavoz municipal do PP, a resposta do PSdG do Porriño non se fixo esperar comezando por lembrar que “Alejandro Lorenzo ten mala memoria ou dificultades de comprensión do que le, ou simplemente decidiu mentir descaradamente seguindo na súa estratexia de desgaste de Eva García de la Torre”.
Esquécese o Sr. Alejandro Lorenzo de que quen privatizou o servizo do lixo foi o goberno do que el participaba e que adxudicou a dedo á empresa que lle deu a gana. Servizo que con todas as dificultades e trabas de PP e EU SON por fin puidemos adxudicar xa definitivamente. Xa que logo, todos os reparos levantados estes anos sobre ese servizo debémosllo a el.

No que acontece ao mantemento de parques e xardíns, limpeza viaria, roces e demais “sabe ben que no único orzamento que o seu goberno aprobou, contando con maioría absoluta, amortizou de forma premeditada, as prazas de operarios que existían, as de condutores, etc; para así poder privatizar e adxudicar aos seus amigos ‘a dedo’, a prestación deses servizos que nunca foron licitados. Iso tamén provocou que teñamos que levantar reparos pola prestación deses servizos e que na actualidade estean case todos adxudicados, malia que, ata se atreveron a votar en contra en comisión informativa da licitación da limpeza viaria. O PP e Manuel Alejandro Lorenzo no seu goberno, ese do que él participaba como concelleiro de Festas, Emprego e Deportes, non licitou nin servizos, nin obras, nin nada; ata que en 2013 empezou a investigarlle a Fiscalía. E si o precisa podémoslle lembrar o que dicían os reparos de intervención, que se fixeron ás súas facturas durante o seu goberno”.

Por outra banda, o grupo socialista porriñés dí que Lorenzo “fala de portátiles e móbiles,que foron adquiridos para o traballo de funcionarios; por que non aclara aos cidadáns canto se gasta a Alcaldesa en chamadas ou en quilometraxe ou en dietas por viaxes; dicímosllo nós: 0 € en teléfono e dende logo moitísimo menos en dietas por viaxes que o seu mentor, que a cargo do erario público invitaba aos seus acólitos cada venres a comer”. Lémbranlle ao portavoz popular “Alejandro Lorenzo foi capaz de cobrar nun mes, ademais do seu soldo, máis de 1.600 € por 8.000 km supostamente realizados en 3 meses, podería ter ido a Moscú e volver para facer esa quilometraxe e non só el, senón o Tenente de Alcalde de entón, que se embolsou outro tanto por outros 8.000 Km”.

Subliñan tamén dende o PSdeG-PSOE O Porriño que faga memoria “dos máis de 2.700.000 € de facturas impagadas do seu goberno que levamos a recoñecemento extraxudicial co voto en contra do PP, chegando á ignominia de que un concelleiro do seu propio partido cunha man votaba que non ao pago de facturas e coa outra demandaba ao Concello ante os tribunais polo impago das mesmas”. Así coma que “foi este goberno o que pagou a débeda cos bancos, impedindo co seu voto e a axuda inestimable de Esquerda Unida, que 1.310.000 € fosen destinados a investimento para melloras do pobo”.

Pero a agrupación socialista, pensa que o PP non é quen de despotricar o seu traballo, pois “durante o seu goberno podemos lembararlle nomes como IMPI ¿lembrao?, unha empresa constituida logo da moción de censura de 2010 únicamente para facturar ao Concello; ou o obradoiro de emprego polo que se construíu o centro cívico, que era subvencionado con fondos da Xunta ¿Cómo pode explicar que IMPI ou calquera das empresas que facturaban durante o seu mandato como ABELMAR, MECÁNICA ROCHA, JARDIMA, IMPI, facturasen ao Concello por obras no obradoiro de emprego? Si medísemos a cantidade de pladur que se facturou nese centro, poderíamos facer un muro ata Tui”.
Non queren deixar atrás nas reivindicacións socialistas “os seus DJ´s que cada domingo torturaban aos veciños do centro de Porriño co seu tostón, ou o seu Porrigalia usurpando as persoaxes de Asterix e Obelix sen permiso dos propietarios da marca rexistrada. Ou da vergoña dos feiróns de emprego, nos que desempregados entregaban confiados os seus currículums crendo que serían entregados ás empresas, rematando nun cuartucho do pavillón”.

Así tamén cabe resaltar “as prácticas caciquís do Sr. Lorenzo manipulando ao seu antoxo -e para maior gloria e proveito do seu mentor- o servizo público de emprego, de forma que só chamaba para cubrir as prazas que se ofertaban aos desempregados do seu agrado, chegándo ata a facersese  entrevistas de traballo na empresa Mecánica Rocha”.

Coa munición cargada, disparan dende o PSOE-PSdG do Porriño as seguintes preguntas ao Alejandro Lorenzo: “¿Cree que o Porriño esqueceu as súas prácticas e as do seu goberno? ¿Cree que a veciñanza do Porriño esqueceu por un intre que a súa ofensiva contra a alcaldesa non é máis que unha vinganza infame, porque foi a única que puxo luz aos seus desmáns? ¿Cre que a xente non sabe quen é él ou o seu mestre? ¿Non se dá conta o Sr.Lorenzo que investirse adalíd da honradez en política, é un traxe que non lle cabe?

Os socialistas resúmen as súas pretensións en “mirar ao futuro, un futuro brillante para O Porriño, coa creación de máis empresas que nunca, cunha disminución do desemprego histórica, sen necesidade de que ninguén se senta humillado mendigando un emprego a cambio de render pleitesía; co soterramento da vía do tren ao alcance da man; cunha transformación do centro da vila que dende a peatonalización realizada por Raúl Francés non se seguíu, que se iniciou con actuacións en Doantes de Sangue, en Aloques, que comezará en San Benito e seguirá en Antonio Palacios con actuacións no parque Ordoñez”.

Rematan dende a agrupación porriñesa do Partido Socialista “que o PP vaia ao xulgado, que presuma de que bloquea o funcionamento do Concello. Que EU SON siga dicindo que ten moitos puntos en común co PP de Porriño, nós seguiremos traballando para Porriño, cunha visión optimista, moderna, clara, porque temos un proxecto de cidade. Vostedes sen proxecto sigan no lodazal no que se revolcan, pero non mintan”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad