Tui é unha das cidades de Red de Juderías nas que se pode participar neste xogo. Esta actividade, aberta até o próximo xoves 30 de setembro, forma parte das Xornadas Europeas da Cultura Xudía
Ata o vindeiro xoves, 30 de setembro, pódese participar en Tui, ao igual que nas outras cidades pertecentes á Red de Juderías, no xogo gratuíto “Busca la llave del Diálogo / Busca a chave do diálogo”. Esta actividade forma parte da programación organizada dentro das Xornadas Europeas da Cultura Xudía.
“Busca la llave del Diálogo / Busca a chave do diálogo” é un xogo no que os visitantes terán que desprazarse por tres puntos do patrimonio xudeu da cidade: Sinagoga – Porta da Pía (1), Convento das Clarisas (2) e rúa Entrefornos (3). Pódese acceder a eles pola localización do móbil ou polos carteis localizados en cada punto. En cada lugar unha actividade achegará aos participantes á temática da xornada Europea da Cultura Xudía 2021: Diálogos. Visualizar un vídeo, escribir un párrafo dunha historia en cadea ou decidir que tipo de diálogo abriría dará a posibilidade de conseguir a famosa chave de Sefarad. Ao concluír as tres probas na Oficina Municipal de Turismo (4) (Praza de San Fernando) pódese recoller esta chave.
A Red de Juderías publicará as diferentes historias en cadea escritas por todos os participantes en cada cidade na web https://redjuderias.org/juega
Con esta iniciativa preténdese desafiar aos visitantes a que atopen os tres puntos ocultos en cada xudaría e participar na primeira historia en cadea sobre Sefarad.