Os interesados en formarse nos catro cursos ofertados poden inscribirse entre o 17 e o 24 de setembro
O Concello de Salvaterra de Miño presenta a oferta de cursos formativos para os meses de outubro e novembro.
Estes cursos pretenden dar resposta a demanda laboral que existe nestes intres, e que se traslada tamén a través do Servizo de Orientación Laboral do municipio.
Dos catro cursos que se impartirán, o de Manipulador de Alimentos, que terá lugar o 4 de outubro, é de balde. Os outros tres son de pago, cun custe de 82,67 € o Curso de carretilleir@, entre o 5 e o 7 de outubro; de 85,35 € o Curso de operari@ de produción, do 18 ao 29 de outubro; e 56,67 € o Curso de caixeir@ repoñedor de superficies comerciais, do 15 ao 22 de novembro.
As inscricións estarán abertas do 17 ao 24 de setembro, pódense facer por rexistro ou sede electrónica e son plazas limitadas.