Sthela Táboas 08/09/2021

O Porriño recupera a clásica proba ciclista das Festas do Cristo que contará coa participación de 250 deportistas  

O Concello do Porriño anuncia que o vindeiro venres 10 terá lugar a clásica ciclista “A Nocturna” que contará cunha participación de 250 deportistas distribuíd@s en oito categorías. Esta proba, que se celebra sempre ao abeiro das Festas do Cristo, recupera o seu sitio no calendario ciclista nacional, despois do paron causado pola pandemia en 2020.

A Federación Española de Ciclismo inclúea entre as probas clásicas da categoría elite, non obstante, o concelleiro de Deportes, David Alonso, anunciou que “o propósito do Concello é acadar que esta carreira sexa declarada unha clásica histórica, tendo en conta as condicións do circuíto e as súas peculiaridades por celebrarse de noite e por eliminación”.

O circuíto no que se celebrará “A Nocturna”, con saída e chegada na praza do Concello, discorre por un percorrido de 1.000 m polas rúas do centro da vila nas que haberá restricións de aparcadoiro e cortes de tráfico, segundo anunciou a Policía Local.

A competición comezará ás 18.00 h e rematará ás 23.00 h. O club ciclista porriñés “Louriña Cycling Team” é o encargado de organizar o evento e, o seu presidente Juan Álvarez, é un dos históricos gañadores desta proba.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad