A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Educación, Julia Loureiro, realizn “unha ronda de visitas” a todos os centros educativos do Concello “para supervisar a boa marcha dos labores da posta a punto previos ao inicio do vindeiro curso escolar 2021-2022”.
O Concello de Mos informa da visita da alcaldesa e da concelleira de educación ás escolas mosenses para “supervisar” os traballos “da posta a punto” previos a apertura do curso, consistentes na maioría en traballos de limpeza e mantenemento. Ao finalizar o curso escolar 2020/2021, o Concello informara de diferentes reunións co equipo directivo e ANPAS dos colexios mosenses, “para poder ter un coñecemento máis directo das necesidades dos mesmos”.
Froito destas reunións, durante todo o verán foron realizadas diferentes labouras nos centros escolares, que consistiron na limpeza xeral dos interiores dos edificios así como realización de novo pintado das paredes das aulas e espazos comúns tanto nos centros escolares como nos pavillóns, limpeza da maleza das inmediacións dos centros, mellora e limpeza de patios e aparcamentos, colocación de céspede en patios interiores de primaria , colocación de armarios, tarimas e cortiza, e traballos de xardinería en todos os centros gracias a colaboración do Obradoiro de Emprego “Mocidade no Camiño”. No CEIP de Petelos leváronse a cabo obras de illamento do ximnasio, así como o comezo do cambio da carpintaría de aluminio do CEIP de Atín e o retranqueo dun muro e asfaltado do aparcamento no CEIP Pena de Francia.
Vaise realizar a colocación dos toldos nas aulas do CEIP Mestre Martinez Alonso para mitigar as altas temperaturas as que se chegan na primavera e comezo do verán. Ademais está en licitación por parte da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, o cambio da carpintaría de aluminio das fiestras no do CEIP Petelos, está tamén en marcha un proxecto no CEIP de Atín que consistirá no remate do cambio da carpintaría de aluminio das fiestras, cambio na cuberta e derribo do anexo da antiga aula de infantil.
Este mércores, día 8 de setembro as 20 h., está programada unha reunión cas ANPAS dos centros educativos de primaria e do IES, para establecer as pautas de colaboración do Concello co obxectivo de apoiar a gran labor destas asociacións na organización e posta en marcha das actividades extraescolares, o comedor escolar e aula matinal.