Sthela Táboas 06/09/2021

O grupo de oposición declara que O Porriño máis ben e “Cidade Inimiga da Infacia e das Persoas Maiores”

Con dúas docenas de imaxes de desperfectos na vila adxuntas, EU Son do Porriño relata que o Concello “que se gaba de ser recoñecido pola UNICEF como ‘Cidade amiga da infancia’ e aspira a ‘Cidade amigable coas persoas maiores’, previo pago de traballos de consultoría de máis de 10.000 €. Unha vez acadada a distinción colócanse os letreiros que dan fe”.

Sen embargo o grupo de oposición indica que “A realidade é ben triste. O noso grupo denuncia o estado de abandono das zonas de lecer. Os parques e pistas deportivas están sucios e estragados por falta de mantemento, hai columpios rotos e inseguros. As casiñas infantís sen limpar e ata con herbas a medrar dentro. As papeleiras sen valeirar, o chan cheo de cabichas e lixo. Os bancos de madeira e algúns valados dan mágoa. Hai árbores secas ou con polas a piques de provocar un accidente. Nalgúns sitios non queda unha farola en condicións. As arquetas e tapas de rexistro están cheas de buracos ou rachadas. As lousas das beirarrúas levantadas, rotas ou inexistentes. As ratas xa pacen ás súas anchas por toda a vila”.

Remata o grupo municipal de oposición, representado por as concelleiras Patricia Sío e Blanca Francés, considerando “Poderíamos tentar facer cadansúa lista por parroquia e casco urbano e non rematar máis. A alcadesa ou non sae a rúa, ou lle da igual, ou anda ocupada cos seus múltiples líos coa xustiza, ou de todo un pouco. Nunca O Porriño estivo en tan malas condicións e a culpable é Eva García de la Torre, que leva seis anos ao mando. Que marche xa, que o PSdG e o BNG non sexan cómplices deste desastre”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad