Esta semana esgotáronse en catro horas as entradas, de 15 euros, para o espéctaculo musical encadrado na programación de promoción de La Vuelta ciclista. O cantante actuará o 31 de agosto no Campo de Fútbol das Baloutas.
O Concello de Mos informa de que xa se esgotaron as entradas para o concerto de Xoel López no muncipio, que saían á venda onte, xoves 19 de agosto, ás 16.00 horas da tarde, e acabábanse en menos de catro horas.
O espectáculo, que terá lugar no Campo de Fútbol das Baloutas o vindeiro 31 de agosto, martes, ás 20.30 horas, ten un aforo reducido por protocolo COVID, que non alcanza as 500 butacas. Ademais o evento contará con todas as medidas de prevención anti COVID-19 en vigor.
Dentro do progama do Xacobeo 2021-2022, este verán tivo lugar en Mos un grande concerto, o de SÉS celebrado o 7 de agosto con motivo do Patrón local, San Mamede, e celebraránse durante os próximos días o de Xoel López do 31 de agosto e Milladoiro, o 4 de setembro. Os tres espectáculos contan con financiamento da Xunta de Galicia.