Sthela Táboas 12/08/2021

Desde hoxe e durante a fin de semana ata 9 concellos acollerán concertos, espectáculos, competicións deportivas e rutas, amais da estrea do IX Festival Groba

A Deputación de Pontevedra mantén e “aviva” a súa aposta pola cultura e o deporte e dá a benvida esta fin de semana a unha extensa programación musical, teatral e deportiva que abarca numerosos puntos da xeografía pontevedresa. Os programas “Musigal”, “Tras as Ameas”, “Bosques Terapéuticos” e “Verán deportivo”, amais do concerto inaugural do “IX Festival Groba”, achegarán durante catro días un total de 6 actuaciónsmusicais, 1 espectáculo de maxia, 3 rutas polos bosques e 4 competicións deportivas.

No terreo musical “Musigal” ofrece unha interesante oferta musical este venres co concerto de Manoele de Felisa en Covelo; que continuará cos de Andrea Pousa en Mondariz Balneario, e Milladoiro na Cañiza o sábado; e rematará o domingo con Budiño en Cuntis e Baiuca en Mondariz. Amais, este sábado as 21.00 h terá lugar en Ponteareas o concerto inaugural do “IX Festival Groba”, que contará coas actuacións da Orquestra de Cámara Galega e da frautista pontevedresa Laura Lorenzo. Trátase do primeiro festival adicado a un compositor vivo, e nesta IX edición, ademais de pór de relevo a figura do mestre Groba, encherá da música de e relevantes intérpretes internacionais a vila do corpus ata o vindeiro venres 20 de agosto.

Pola súa banda, “Tras as Ameas” cubrirá de maxia esta tarde, ás 19.00 horas, os xardíns do Castelo de Sobroso co espectáculo “Entre muros de maxia”, do “Mago Paco” (Francisco Otero), especialista en maxia infantil. Este show, para o que xa se esgotaron as entradas, sorprenderá ás familias cunha representación dinámica e chea de sorpresas nas que os nenos e nenas asistentes serán os verdadeiros protagonistas dos xogos que inicia o mago. Por último, no eido do deporte, a Deputación oferta un total de 6 actividades.“Bosques Terapéuticos” achegatres novas experiencias. A primeira terá lugar este venres en Meis coa Ruta da Pedra e da Auga, un sendeiro de 1,4 km no que se visitarán máis de 30 muíños. A segunda, o sábado, será no Bosque da Picaraña, en Ponteareas, cunha ruta na que se visitarán máis de 20 penedos de diverso tamaño, catalogados polos seus nomes orixinais e lendas atribuídas. O terceiro Bosque Terapéutico desenvolverase en Ponte Caldelas, nunha ruta de 1,8 km que percorrerá o Río Verdugo para enxalzar os seus valores naturais e paisaxísticos. Finalmente, esta fin de semana pon fin ao “Verán Deportivo” patrocinado pola Deputación coa celebración da competición de tenis praia en Poio o sábado, e as de volei en Sanxenxo e tenis praia e futvolei en Poio o domingo.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad