A concelleira de Vías e Obras do Concello do Porriño supervisou onte os traballos que se están a realizar
A concelleira de Vías e Obras do Concello do Porriño, Lourdes Moure, inspeccionou onte ao mediodía a execución de diversos traballos de arranxo de beirarrúas no Polígono Industrial de A Granxa que está a realizar o departamento que dirixe, con medios propios e persoal contratado coa colaboración do Plan Concellos da Deputación.
Os traballos de arranxo desenvólvense en dous tramos da Avenida Principal do Polígono, atendendo ao compromiso acadado pola concelleira coa asociación empresarial “Entidade Urbanística de Conservación A Granxa”. No referente ás beirarúas Despois de levantar as beirarúas en mal estado, aplícase unha capa de formigón.
Por outra banda, Moure tamén comprobou o desenvolvemento dos traballos para levantar un muro de contención de 47 m de perímetro no lugar de Carreira, en Cans, que se está a executar polo seu departamento xa que se “trata de resolver o perigo que existía para o acceso ás vivendas pola caída dunha parede, atendendo a unha petición da veciñanza”, manifestou Lourdes Moure.