Este é o segundo paso de peóns luminoso que se instala no municipio que ten como obxetivo a seguridade dos peóns
O Concello de Salvaterra de Miño anunciou que, despois da instalación do primeiro paso de peóns intelixente no barrio da As Santas -en Oleiros-, ven de instalar o segundo paso na vila.
Nesta ocasión, o novo paso de peóns intelixente sitúase na entrada ao municipio, na Rúa Miño, co fin de mellorar a visibilidade e a seguridade dos viandantes; pois este paso é moi utilizado polos nen@s en época lectiva e, ao atoparse nunha recta, moitas veces pasa desapercibido, a pesares da sinalización.
O Concello indica que “con medidas como esta dun paso de peóns luminoso, e coa redución de velocidade en todo o centro urbano, búscase garantir a seguridade dos nosos peóns”.