A agrupación de Concellos formada por Salvaterra de Miño xunto con Arbo e máis Crecente, beneficiaranse deste servizo de atención temperá que arrincará esta semana o seu funcionamento.
Prestará os seus servicios á poboación de 0 a 6 anos, ás súas familias e ao seu entorno co obxectivo principal de dar resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan as nenas e nenos con trastornos no seu desenvolvemento, ou que teñen risco de padecelos, a través de tratamentos globais e individuais impartidos por un equipo multidisciplinar.
A unidade, integrada na Rede Galega de Atención Temperá, está formada por un equipo especializado composto por tres profesionais do ramo da psicoloxía, fisioterapia e logopedia e @s usuari@s deberán vir derivados dos servizos de saúde do SERGAS (pediatría…).
Trátase de achegar un recurso de tanta importancia e de calidade á infancia da poboación rural. Os/as alcaldes/as apostan por este modelo baseado na prevención, na identificación e tratamento precoz, co fin de dar resposta ás necesidades específicas que poidan presentar est@s menores.
No caso de Salvaterra, a atención levarase a cabo os martes en horario de 9.00h a 14.30h e os xoves, de 9.00- 14.30h e de 16.00h a 18.00h, ubicándose no propio edificio do Concello.
*A mencionada unidade conta co apoio apoyo da Xunta de Galicia financiando o 90% do seu custo e o resto finánciase con achegas dos distintos Concellos participantes, non supoñendo custo algún para as familias usuarias da mesma.