Sthela Táboas 02/08/2021

Ademáis os riders do clube porriñés lograron varios podios, sendo o da categoría Cadete Feminina o que fixo pleno

A Copa Galicia de BTT-XCO puxo o peche final a tempada 2021 no Concello de Ribadumia, onde tiña lugar a 1º XCO kiwi Atlántico, última proba de Copa Galicia onde xunto os gañadores da proba tamén se fixo entrega dos trofeos os gañadores da Copa Galicia XCO 2021.

Unha vez mais, e con pouco mais de dous meses de diferenza, onde a escola recibía o premio o terceiro mellor equipo na proba de Sabiñánigo, proba pertencente a Copa de España de XCO. Agora tocaba na Copa Galicia de XCO, onde a escola con sede no Concello de O Porriño recibía o galardón ao mellor equipo da presente tempada.

Os riders da escola acudían ao corazón da comarca do Salnés, para dar as últimas pedaladas da tempada do XCO en busca dos maiots de campións da Copa Galicia .

Os primeiros podios da xornada chegaban na categoría cadete masculino, onde Martín Sestelo chegaba como líder da competición, que non puido manter ao entrar en 3ª posición detrás do seu compañeiro de equipo André “taka”, que entraba na 2ª posición. O corredor do Club Ciclista Cambre, conseguía abrir un pequeno oco que lle permitiu subir o mais alto do podio e proclamarse campión da Copa na categoría, un podio que se repetía na xeral da Copa, André prata e Martín bronce.

Na categoría Cadete Femina, o maiot estaba en mans da rider da escola porriñesa, Aroa Otero e con escasos puntos de diferenza entre as seguintes riders na clasificación xeral, mantendo a tensión ata o último momento. Finalmente, Uxía Soto do Avanza subía ao mais alto do podio, facéndose con esta vitoria, tamén co liderado da competición; acompañada no podio de Ároa Otero na segunda posición, e Marta Estévez na terceira posición, ambas corredoras integrantes da A.D. Avanza de O Porriño. Podio similar na clasificación final da Copa, onde Uxía Soto proclamábase campiona acompañada por Aroa, en 2ª posición e Marta Estévez, en 3ª posición.

O seguinte podio para o Avanza chegaba das mans de Laura Mira; a Junior Femina que viaxaba a Ribadumia na posesión do maiot e  que conseguía manter o gañar a proba. Na categoría Junior Masculino, Gabriel Conde que defendía a posesión do maior de líder conseguía entrar en 3ª posición, o que lle valía para manter no seu poder o maiot de líder e proclamarse gañador da Copa Galicia XCO.

Tamén conseguiron estar presentes no medalleiro da Copa Galicia David Fernández, logrando  a 3ª posición da clasificación xeral na categoría Sub23; e  Luís Fernández “Oli”, que tamén conseguía o 3º posto da clasificación xeral, na categoría Elite.

Xunto os riders presentes no medalleiro, cabe destacar a participacións tamén dos integrantes da escola, que coa súa participación fixeron posible o premio ao mellor equipo: Noe, Haritz, Alex Ambrosio, sen esquecernos de Yaiza Fernández, que en lugar da bicicleta, acompaña a escola con cámara en man, e cos riders galegos no punto de mira do seu teleobxectivo,  inmortalizou moitos momentos deste apaixonante deporte, sendo os ollos de moitos familiares que non puideron desfrutar -polas medidas COVID- desde a primeira liña deste deporte.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad