A Corporación de Tui solicitará ao Estado o montante dos traballos de desamiantado e desentullo de Paramos
Durante este Pleno Ordinario de xullo o Partido Liberal de Tui logrou que saíra aprobada por unanimidade unha moción propia pola cal a Corporación de maneira conxunta solicitará por carta oficial ao Estado o montante dos traballos do desamiantado e do desentullo da Zona Cero de Paramos, cartos que o Concello tivera que adiantar en 2018 sen que ata o día de hoxe esa cantidade, por valor de case un millón e medio de euros, fora revertida nas arcas municipais.
Durante a Sesión Plenaria, o concelleiro de C21, José Palacín, comparou ao Goberno Central “con unha compañía de seguros barata que se inhibe das súas propias pólizas para non pagar o sinistro”, por iso, afirmou que: “os representantes da cidadanía de Tui debemos ser máis reiterativos e firmes nesta demanda, sobre todo cando xa se tramitou a documentación que solicitaba o propio contido do BOE que declaraba ao Barrio da Torre de Paramos como Zona Catastrófica debido a tráxica explosión do 23 de maio de 2018.