Sthela Táboas 29/07/2021

A moción presentada polo grupo EU Son – Son en Común foi apoiada por todos os grupos no Pleno celebrado este mércores

As concelleiras do grupo EU Son – Son en Común, Patricia Sío Bacelo Blanca Mª Francés Rodríguez, presentaron onte no Pleno Ordinario de xullo, unha moción urxente para a inmediata normalización da atención presencial e a mellora da atención telefónica no concello do Porriño.

As concelleira Patricia Sío relatou que dende o comezo da pandemia da COVID 19 fomos pasando por distintas etapas, coas súas restricións e limitacións.

As medidas foron mudando en función da evolución da situación da pandemia e dos recursos para afrontala e así coma @s estudantes voltaron ás aulas e o curso rematou sen grandes gromos, traballador@s cumpren a diario coas súas tarefas laborais traballadores e a vida nos espazos públicos, vai normalizándose coas debidas precaucións; sen esquecer que sectores esenciais como o comercio de alimentación, nunca pararon.

Deste xeito, a concelleira expuso que “non supón ningún risco que acudamos persoalmente, mantendo as medidas de seguridade. Hai un control de acceso na entrada para evitar aglomeracións”.

Resaltaba que, ademáis, “o sistema de cita previa por medios telemáticos ou telefónicos supón un trastorno para o público en xeral, especialmente para as persoas maiores, aínda que a atención telefónica moitas veces imposible”.

Por esta exposición motivada o Grupo Municipal de EU Son do Porriño-Son en común, solicitou no Pleno un acordo no que se restitúa e normalice de inmediato a atención ao público presencial no Concello, sen necesidade de cita previa; e a mellora na atención telefónica, tanto no tempo de espera como na resposta, así coma o coidado e rigor na información facilitada a veciñ@s sobre o procedemento administrativo en xeral, pasando as chamadas aos departamentos axeitados, para un mellor asesoramento.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad