Cunha media de 40 persoas ao día pechou a primeira semana en funcionamento deste servizo, que trata de resolver as dúbidas da veciñanza sobre a actualización das súas parcelas
Na primeira semana de funcionamento da oficina de información á veciñanza, sobre a actualización de parcelas feita polo Catastro e que afecta a 17.400 propiedades, foron atendidas 200 persoas a unha media de 40 por día.
Hai que ter en conta que dende a última revisión de valores que data do ano 1985, esas 17.400 parcelas pasan a ter consideración de chan urbano e, polo tanto, pasan do padrón de rústico ao de urbana. Esta revisión tamén terá como referencia os valores catastrais de 1985, aos efectos dos recibos do IBI.
Ante o gran número de afectados, a alcaldesa Eva García interesou á Xerencia do Catastro e do Organismo de Recadación da Administración Local (ORAL) xestionionando este punto de información que está a funcionar desde o pasado luns 19, para aclarar dúbidas é consultas sobre a actualización da cualificación das parcelas, realizada pola Xerencia Territorial do Catastro en aplicación da lexislación vixente.
O punto de información situouse no propio salón de plenos e funciona de luns a venres, en horario de 09.00 h a 14.00 h, atendendo con cita previa chamando por teléfono ao número 986 335 000, e marcando a extensión número 7 (Alcaldía). Lémbrase que tamén se pode pedir cita previa a través da App “Bandomóbil, O Porriño Informa”.
Neste intre estase a dar cita para o xoves 5 de agosto, pero este servizo prorrogará o seu funcionamento, no caso de ser necesario.