Mónica Romero 23/07/2021

Roberto Cameselle ocupará o cargo ao frente de cinco axentes

O Concello de Salceda de Caselas ven de nomear o que será o seu primeiro oficial de policía, logo dun proceso de promoción interna ao que se presentaron un e unha axente dos seis que forman actualmente o corpo de seguridade do municipio. O nomeamento deste oficial, xunto co da tesoureira habilitada nacional que se produciu fai uns meses eran compromisos do pacto de goberno entre MS e PSOE, e faise realidade logo dun proceso iniciado no ano 2020.

As concelleiras de persoal, Loli Castiñeira, e seguridade e tráfico, Lucía Pereira, xunto coa alcaldesa, Verónica Tourón, felicitaron a Roberto Cameselle polo seu nomeamento logo dun duro proceso selectivo que levou meses de preparación. Así mesmo quixeron recoñecer o traballo realizado pola outra axente aspirante ao posto a pesares de non ter conseguido o obxectivo.

Con este nomeamento o Concello de Salceda de Caselas pretende levar a cabo unha reorganización do corpo de policía que resulte máis funcional e que ofreza un servizo o máis completo posible, sempre en coordinación coa garda civil do Porriño, coa cal se ven traballando man a man durante os últimos anos nun exemplo de cooperación e coordinación.

O novo oficial de policía, Roberto Cameselle, leva 14 anos de servizo no Concello de Salceda, e conta cunha completa formación que o capacita para o posto que acaba de acadar, e que se fará efectivo en canto complete a pertinente formación na Academia Galega de Seguridade Pública.

Loli Castiñeira, Concelleira de Persoal: “Cumprimos así cun dos obxectivos do Equipo de Goberno, que xunto coa aprobación definitiva da RPT e a próxima sinatura do convenio colectivo cos sindicatos eran os grandes retos da lexislatura en materia de persoal”.

Lucía Pereira, Concelleira de Tráfico e Seguridade: “Con este nomeamento conseguiremos mellorar a coordinación do corpo de Policía Local, podendo ofrecer un mellor servizo á veciñanza”.

Verónica Tourón, Alcaldesa: “Cumprimos así un compromiso adquirido por este goberno municipal, aumentando servicios necesarios para a veciñanza”

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad