O Concello de Salvaterra de Miño presenta a súa programación para o verán
A Alcaldesa de Salvaterra de Miño ven de facer pública a programación que se deseñou por parte do Concello para o mes de agosto, unha programación axustada aos protocolos COVID, baixo o lema “Un agosto diferente pero seguro en Salvaterra”.
Non nos podemos esquecer que seguimos nunha situación sanitaria complicada, un ano máis diferente pero onde primamos a seguridade, onde o compromiso coa cultura non podía faltar, adaptando a programación á nova situación que estamos a vivir, unha programación diferente á que estamos acostumados, pero que segue na mesma liña de traballo.
Achegámonos ao mes de agosto e con el comeza a programación do Verán Cultural. Dende o Concello trabállase para ofrecer unha programación variada e con todas as seguridades da nova normalidade, unha programación feita e pensada para gozar en familia. Cinema, teatro, deporte e música terán ou seu espazo, utilizando como espazo central a Praza do Concello, ubicación que permite delimitar e ter un control estrito de aforo. Ademais como medidas de seguridade pídese asistir cunha hora de antelación para aplicar as medidas do protocolo, desinfección de mans, ocupar as cadeiras asignadas, acudir con masacrilla e os nenos e nenas sempre estarán acompañados dun adulto. Como tódolos anos pecharemos a programación coa Festa do Viño do Condado do Tea, cunha programación adaptada á situación actual.
PROGRAMACIÓN CULTURAL:
- Venres 6 de agosto con cine Infantil AS MASCOTAS DA RAIÑA
- Sábado 7 de agosto CONCERTO DA BANDA DE MÚSICA POPULAR DE TUI
- Domingo 8 de agosto RUTA DEPORTIVA ROTEIRO MAIS KAIAK
- Martes 10 agosto FESTIVIDADE DE SAN LOURENZO CON CONCERTO DA BANDA DE MÚSICA DE SALVATERRA DE MIÑO
- Xoves 12 de agosto CINE NA RÚA QUEEN
- Venres 13 de agosto CINE NA RÚA PERDENDO O ESTE
- Sábado 14 de agosto CONCERTO DE EREA CASTRO
- Xoves 19 de agosto CONCERTO INFANTIL PAKOLAS
- Venres 20 de agosto CINE INFANTIL O NENO QUE PUIDO SER REI
- Sábado 21 de agosto L DESCENSO INTERNACIONAL e CONCERTO DE NESTOR ANTONIO BARROS E IALMA
- Xoves 26 de agosto TEATRO COMEDIA FULANO, MENGANO E CITANO
- Venres 27, sábado 28 e domingo 29 de agosto LXII FESTA DO VIÑO DO CONDADO DO TEA – TUNEL DO VIÑO, VISITAS ÁS ADEGAS E CATAS COMENTADAS
Venres 27 – CONCERTO BANDA CREBINSKY
Sábado 28 – CONCERTO SUSANA SEIVANE