Sthela Táboas 14/07/2021

Hoxe reunirase o Tribunal de Avaliación para recoñecer unha terceira rolda de subvencións económicas municipais pola Covid á hostalería, comercio e autónomos

Hoxe ás 12.00 h, reunirase o tribunal de avaliación das solicitudes que aínda restaban por atender para acceder ás axudas económicas directas municipais para establecementos de hostalería, comercio, micro empresas e autónomos do Porriño afectados polas restricións durante este ano 2021. 

Será a terceira quenda de achegas pola Covid, ás que se presentan medio cento de solicitantes que tiveron que aportar documentación que lles faltaba, segundo adiantou David Alonso, concelleiro de Promoción Económica.

Ata o momento xa se dispuso de 96.393 € con cargo ao fondo total dos 140.000 € acordados no pleno da Corporación Municipal do Porriño, dotado mediante recursos propios do Concello, a través dunha modificación de crédito e coa achega concedida pola Deputación de Pontevedra. 

O destino destas axudas, segundo as solicitudes presentadas, é para pagar alugueres, hipotecas, seguros, mercadorías, subministracións e gastos xerais.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad