José Docampo 12/07/2021

Será o vindeiro sábado 17 de xullo. O Concello quere así “rendir homenaxe” a Óscar Pereiro, e prepara “moitas sorpresas”.

No marco da programación previa ao paso de La Vuelta ciclista por Mos, o Concello organiza para esta fin de semana unha carreira para exciclistas. Comezará  as 18 h desde Sanguiñeda – Explanada La Reina e ten previsto rematar  ás 19:00 no Castro de Herville, lugar  onde rematará  tamén a 20ª etapa de La Vuelta.

Estarán presentes ciclistas e exciclistas profesionais, como Óscar Pereiro, Álvaro Pino, Ezequiel Mosquera, Marcial Rodriguez, Serafin Martinez, Genaro Prego, José Ángel Vidal, José Teixeira, Evaristo Portela, Juan Campos, Isidro Araujo, Fabián García, Pako Boente, José L. Boente. Tamén estará presenten Susana Alonso Carballo. O Concello informa ademáis de que haberá “moitas sorpresas máis que non se poderán desvelar ata o propio día”.

Con esta actividade organizada dende a mesa de La Vuelta de Mos, a administración mostra así o seu agradecemento a Óscar Pereiro “polo seu traballo e implicación” para que as etapas de La vuelta 2020 e 2021 fosen unha realidade no seu municipio.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad