José Palacín dirixirá o partido centrista liberal de Tui
Este 10 de Xullo, C21 celebrou o seu I Congreso Local. O acto tivo lugar na parroquia de Ribadelouro, so ca estrita participación da afiliación debido a situación do COVID.
Os obxectivos deste Congreso eran aprobar o Regulamento de Organización e Protocolo e a elección do Secretario Local e da súa Executiva.
Neste último apartado subliñar que José Palacín dirixirá a formación centrista liberal de Tui, sendo elixido por unanimidade, e que o concelleiro, a súa vez, propuxo un equipo que combina una parte executiva e outra de carácter institucional. O comité estará formado por Mónica Romero, Aurea Fernández, Sonia Santos, Ricardo Rodríguez e os exconcelleiros Eduardo Freiría, Mila González e Chus da Silva.
Palacín considera que: “A celebración deste Congreso abre unha nova etapa moito máis prolífica e potenciadora do proxecto liberal que no seu día artellara Carlos Vázquez Padín”.