José Docampo 08/07/2021

Tralo Campionato Galego Infantil de Verán disputado a pasada fin de semana no que os deportistas do Club Natacion Mos acadaron varios records absolutos, o Concello organizou onte unha recepción para homenaxealos polos últimos resultados obtidos en varios Campionatos.

No Campionato Galego Infantil de Verán disputado os días 3 e 4 de xullo, o Club acadou varios récords absolutos. A nadadora Carolina Pereiro, acadou o ouro en 100 Braza e 200 Braza; Antia Hermida, tamén o ouro en 50 libre e prata en 100 mariposa; Eva Martínez, prata en 50 Libre e en 100 Espalda, mais un ouro en 200 Espalda; David Freire logrou un 19° posto en 100 Espalda e un 17° posto nos 200 Espalda, mellorando as suas marcas personais; Ainoa Pardavila, xogou un papel importante nos relevos facendo unhas grandes postas e pelexou por varias medallas da súa categoría en 100, 400 e 800 libre, demostrando un gran estado de forma e o seu gran traballo; e pola súa banda Noa Salgueiriño, quedou 5ª do ano 2008 en 50 Libre e 12ª en 100 libre no ano 2008

Tamen foron homenaxeados os medallistas mosenses do Campionato Galego Master de Verán. Os días 12 e 13 de xuño celebrouse en Ponteareas o Campeonato Galego Máster de Verán. Os veteranos do Club Natación Mos, fixéronse cun total de 28 medallas. Esta gran actuación dos nadadores de Mos deu como resultado que o Club Natacion Mos estivese no alto das clasificacións dos 25 equipos participantes. O resultado foi o seguinte: Categoría Conxunta: 5º Clasificado, Categoría Masculina: 5º Clasificado e Categoría Feminina: 12º Clasificado. Os medallistas foron os seguintes: Alberto Trincado, Ricardo Rodríguez, Alvaro Fernández, Andres Rodríguez, Ana Morgadas, Pablo Morgadas, Roi Rodríguez e Carlos García

O nadador Marcelo Jorge estableceu un total de 3 Récords Galegos nas tres probas de braza en categoría +55 anos. Acadando tres medallas de ouro en 200B, RG 100B E RG 50B Celia Iglesias, un ano máis demostrando experiencia aos seus 88 anos alzouse co trofeo á nadadora máis veterana do campionato, mostrando ser unha gran referente. Foron duas as súas medallas de ouro: en 50L e en 200E (+85)

O Gran homenaxeado da tarde foi Juan Ferrón polo seu Ouro en 200 mariposa logrado no Campionato de España de clubs de natacion adaptada. O 5 e 6 de xuño disputouse en Lloret de Mar, Barcelona o Campeonato de España por clubs que supuxo o fin dá tempada de natación adaptada. Juan Ferron logrou o ouro en 200 mariposa. O resumo das suas marcas neste campionato quedou así:

Medalla de ouro en 200 mariposa; 9º en 100 Libre multidiscapacidad; 3º en 100 Libre; prata en 50 Mariposa; 8º en 50 Libre multidiscapacidad; 3º en 50 Libre; 6º en 100 Mariposa multidiscapacidad e por ultimo 2º en 100 mariposa.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad