C21 congratúlase pola finalización do seus proxectos do Plan Concellos
O concelleiro centrista liberal, José Palacín, ven de congratularse pola finalización de tres proxectos no eido da educación e ocio que o Goberno de C21, concretamente baixo a dirección da exconcelleira Mila González Monteiro, artellaran ao abeiro do Plan Concellos 2019.
Trátase da reforma de espazos lúdicos como o parque ao lado do colexio de Guillarei, así como o recreo do CEIP de Rebordáns e o do CRA das Bornetas, que ven xestionando o Goberno do Partido Socialista dende 2019.
C21 considera cos resultados de tódolos proxectos deseñados polo Goberno de Carlos Vázquez Padín son espléndidos, por iso invita ao Goberno Actual a seguilos con fidelidade e non estragalos como fixeron co Parque de Areas ou sinxelamente facelos desaparecer como no caso do anteproxecto da Área Panorámica, do Xardín de Santo Domingo, das Luminarias do Centro Histórico e outros moitos de gran calidade, utilidade e custe racional fronte a despilfarros como a perigosa rotonda de Guillarei, encargada polo PSOE.