A Comunidade de Montes de Torroso traballa xa para que o Centro Social destinado ás persoas maiores sexa unha realidade; gran noticia para Torroso e para Mos.
Este gran proxecto que dará cabida a 40 usuarios, está ubicado no barrio de Outeiro, ao carón do Centro Dotacional, edificio que alberga tamén o Conservatorio de música. A nova obra consiste na construción dun edificio diáfano, cerrado hacia a estrada, aberto e acristalado hacia o parque forestal Poulo-Regueiro e hacia a parcela da Comunidade de Montes, parcela que se urbanizará seguindo o criterio do parque. Continuando cas sendas de xabre, arbolado e axardinamento. O Centro social desenvolverase nunha planta, así o edificio integrarase naturalmente no parque, podendo utilizar os maiores estes espazos abertos como complementarios ó uso do centro de día.