A Secretaria Xeral do PSdeG-PSOE do Porriño é Soledad Girón e David Alonso é o Secretario de Organización
Tras o empate acadado entre as dúas candidaturas para a Comisión Executiva Local do Psoe porriñés, na asamblea celebrada o pasado 11 de xuño; esta mesma tarde chegaron a un acordo nunha Asamblea Extraordinaria.
Deste xeito, encabeza a nova Comisión Executiva do PSOE de Porriño a Secretaria Xeral é Soledad Girón, sendo o Secretario de Organización, David Alonso. A nova comitiva conta como Secetario de Política Municipal, Diego de Sa; Secretario de Administración, Constantino Canabal; Secretario de Formación, Miguel Ángel Taboas; Secretaria de Educación e Cultura, Lourdes Moure; Secretario de Xuventude, Sergio Casal e como Vocal, Mª Rita Miniño.
Os cabezas das dúas candidaturas compartiron que “a vontade da militancia é aunar esforzos por ben do partido no Porriño”, despois dun tempo de negociacion, alcanzado un acordo entre os electos “presentouse unha nova proposta de consenso, que foi referendada por aclamación de tod@s @s presentes na Asamblea”, que representaban máis do 85% da militancia la agrupación socialista local.
Dito acordo susténtase en dous pilares principais “o fortalecemento do traballo orgánico e social do partido e o apoio á labor de goberno do Grupo Municipal Socialista, liderado pola alcaldesa, Eva García de la Torre.