Sabela Landín 26/06/2021
Salvaterra de miño

O Concello de Salvaterra de Miño repartiu entre os nenos e nenas que participan nos Campamentos de Verán e o alumnado do IES Salvaterra que se gradúa este venres 24 de xuño unha mochila e un pack anticovid, adecuado á situación actual, con mensaxes sensibilizadoras.

Unha iniciativa que se enmarca no Pacto de Estado contra a violencia de xénero a través do Ministerio de Igualdade, a que debemos sumarnos todos e que ten como obxectivo previr e concienciar á poboación. Para iso repartiranse unha serie de material informativo, mochilas, mascarillas, xel…todo elo  co lema “XUNT@S SOMOS FORTES”. 

Esta acción é unha continuación da liña de traballo que ven facendo este Concello a través doutras campañas, como pode ser o concurso de slogans contra a violencia de xénero.., campañas de sensibilización e difusión para loitar contra a violencia de xénero e traballar pola igualdade.

Unha campaña accesible, visual … que ten como obxectivo que a mensaxe chegue ao maior número de persoas posible co fin de previr e concienciar para a súa erradicación. Todos e todas debemos ir da man nesta loita!!

Cremos que é necesario facer fincapé na importancia de seguir traballando por unha sociedade máis xusta, un reto ao que debemos unirnos todas as administracións e a poboación en xeral, sendo entre outras a finalidade destas accións.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad