![](https://porrinodigital.es/wp-content/uploads/2021/06/DSC_0415-scaled.jpg)
Onte comezaron os traballos de pavimentación no Camiño de Mosqueira en Guizán, derradeiro dos 5 viais municipais optimizados.
A falla únicamente da sinalización horizontal, mediante pintado nos cinco camiños, onte iniciouse o último dos asfaltados incluídos no Plan Municipal de Mellora da Pavimentación en Camiños do Concello de Mos: o Camiño de Mosqueira, na parroquia de Guizán, que segundo o Concello, ficou terminado esa mesma tarde.
Os outros 4 nos que xa se levou a cabo a reposición do firme son os camiños de Couso (Pereiras), Xaberga (Pereiras), Pardellas (Cela) e Piñeiro (Louredo). Estas obras, que forman parte do Plan Municipal de Mellora da Pavimentación, fináncianse con fondos propios da administración local mosense e dividíronse en dous lotes. O investimento total de fondos municipais, informa o Concello de Mos, ascende a 231.611,70 euros.
As obras de mellora da pavimentacion, comprenden actuacións previas como o desbrozado lateral, limpeza de cunetas e noiros, seguidas dos firmes e pavimentos nos que se realiza unha regularización da capa de rodadura coa aplicación de asfalto, recrecido, aplicación do rego de adherencia con emulsión asfáltica e por último as obras adicionais que son as necesarias para realizar actuacións que non están englobadas na pavimentación pero que son imprescindibles para que a obra quede perfectamente rematada e garantir totalmente a seguridade viaria. Como obras adicionais considéranse o recrecido das tapas das arquetas e dos pozos e o arranxo das beiravías. Para finalizar dótanse aos camiños con sinales de prohibición e obriga co fin de facilitar as incorporacións nas interseccións.
O Concello de Mos ten como un dos obxectivos principais da administración local que o viario municipal se atope nas mellores condicións de uso, o que supón un garante na seguridade viaria. Así como avanzar no Plan Mos Humanizado para seguir a construír un municipio máis transitable e habitable, máis cómodo e amable para circular tanto a pé como en vehículo. É por elo que se consideran estas obras tan necesarias, posto que supoñen unha importante optimización da seguridade viaria.