Corte programado na tubería de abastecemento, dende a parroquia de Areas en Tui ata os concellos do Baixo Miño
O Consorcio de Augas do Louro informa da realización dun corte de subministro da tubaxe principal de fundición de 450 mm de diámetro que abastece ao polígono de Areas, á parroquia de Areas e aos Concellos de Tomiño, O Rosal e A Guarda, programado para o vindeiro luns 21/06/21 a partires das 23:OO horas e ate o martes 22/06/21 ás 07:00 horas.
O corte de subministro é debido á necesidade de conectar esta tubaxe, afectada pola construción dun paso inferior da Vía de Alta Capacidade Tui- A Guarda, cunha nova tubaxe provisional durante as obras que está executando a Axencia Galega de Infraestruturas no termo municipal de Tui.
O corte afectará durante esas oito horas aos usuarios do polígono de Areas e da parroquia de Areas, non sendo previsible que o corte afecte aos usuarios de Tomiño, O Rosal e a Guarda.
O desvío será executado pola Axencia Galega de Infraestruturas e estimase que o abastecemento a través da nova tubaxe desviada prolongárase durante catro meses aproximadamente