Nesta ocasión as actuacións estanse a levar a cabo en Costa-Oleiros e na estrada de Arantei-Entenza
Esta semana daban comezo as obras incluídas neste proxecto consistentes na mellora da pavimentación de dous camiños municipais, un deles no Barrio de Costa, na Parroquia de Oleiros e o outro que conecta a Parroquia de Arantei ata o límite do Concello coa Parroquia de Entenza, de Salceda de Caselas, atopándose toda a obra dentro do termo municipal.
Trátase de camiños que se encontraban pavimentados con aglomerado, pero nun avanzado estado de deterioro, polo que se plantexa unha renovación completa da capa de rodadura.
Para a pavimentación definitiva estenderase e compactarase unha capa de rodadura de mestura bituminosa en quente tipo AC 16Surf 50/70, co fin de mellorar o servicio que ofrecen ditos viais, unha superficie total de preto de 5.000 m2.
O prazo de execución de esta obra será dun mes e ten un orzamento total de 60.151,85 €, que o Concello de Salvaterra de Miño levará a cabo a través do Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra.