O Concello de Tui ten que facer fronte a un pago de 4.500 euros debido a os feitos sucedidos en 2018
Ante o feito de que por sentenza xudicial o Concello de Tui ten que facer fronte a un pago de 4.500 euros debido a os feitos sucedidos en 2018, sendo Alcalde D. Carlos Vázquez Padín, ao conceder licenza a unha caravana Food Truck en Ribadelouro, e cinco días despois revocala, C21 pasa a aclarar a cuestión.
“Primeiro, e ante todo, C21 respecta e acata as decisións xudiciais, e segundo, por principios, os liberais non obstaculizamos aos emprendedores e somos dilixentes autorizando actividades económicas, sobre todo si contamos con funcionarios eficientes como foi o caso de quen tramitou este expediente.
Ante a solicitude dun emprendedor para montar un negocio no entorno da Ponte das Febres, no Camiño de Santiago, a persoa funcionaria preguntou na Dirección Xeral de Patrimonio (Xunta de Galicia) se había algún problema e contestáronlle que non. Polo tanto, ante a aparente ausencia de obstáculos xurídicos, o Sr. Alcalde, concedeu dita licenza de actividade, con celeridade e como era a súa obriga.
Pero á semana seguinte, chegou ao Concello un mail de Patrimonio desculpándose por ter informado mal e explicando que a venda ambulante nos tramos rurais do Camiño de Santiago esta prohibida pola Lei 13/2010 de 17 de decembro, (Art. 75).
O Rexedor, ante esta contrariedade, non tivo máis opción que revocar a licenza porque non se axustaba a dereito, co conseguinte prexuízo para o empresario.
Polo tanto, todo o que aconteceu foi un erro administrativo provocado por unha información equivocada procedente do ente autonómico.
A dúbida de C21 é se os servizos xurídicos do Concello puxeron de manifesto no xuízo que dende o Concello de Tui se tiña obrado de boa fe, e que dende Patrimonio se recoñecía ter informado incorrectamente nunha primeira instancia, mostrando como proba este documento”.