José Docampo 15/06/2021

Os socialistas de Mos critican a celebración dunha misa e a selección dos pregoeiros, que deu protagonismo absoluto a La Vuelta. Denuncian o “escurantismo” do goberno local, que non reservou partidas específicas para o evento ciclista e continúa sen desvelar os gastos que suporá para o Concello.

O pasado domingo 13 de xuño tivo lugar en Mos o acto institucional realizado polo Concello para celebrar o festivo local, o Día da Rosa. Por mor da situación de pandemia, as actividades e eventos para o público foron substituídos por tal acto, no que estiveron presentes cargos institucionais. O acto foi criticado polo BNG, que reclamou unhas festas “para toda a veciñanza”, e agora súmanse as críticas do PSdeG.

Os concelleiros socialistas acudiron á cita “xa que esta é a festa do concello” e consideran que debían estar “xunto a veciñanza e cos colectivos” que foran convidados, mais critican as decisións tomadas para programar tal acto e que “atañen única e exclusivamente o goberno municipal”. Da mesma maneira que o BNG, os socialistas critican a decisión de incluír dentro da programación o acto litúrxico, no cal os socialistas non quixeron participar; así como a elección dos pregoeiros, que o PSdeG proporía para representantes do sector hostaleiro.

O goberno municipal decidiu escoller como pregoeiros a representantes da Volta Ciclista, e é por isto que os socialistas queren recordarlle que no municipio mosense “hai máis actividades que a volta ciclista”. Non queren que se caia no feito de que este evento acapare toda a axenda cultural do concello coma xa pasou o ano pasado.

Tamén queren resaltar os socialistas que o convite do Conselleiro e a súa intervención foi un intento de blanquear a actuación da Xunta nas últimas semanas. Insisten en que un acto institucional “non pode ser usado como medio para dar un mitín” porque neste caso, significa “faltar a toda a veciñanza mosense”. Esta acusación parte do feito de que a única institución convidada foi a Xunta de Galicia, e engaden que coma ven sendo habitual convidan a administración gobernadas polo Partido Popular.

Finaliza Alonso explicando que durante o pregón fíxose referencia a que “no mes de novembro, os representantes da Volta Ciclista xa estaban preparando a etapa que finalizaba en Mos”, polo que o concello debía saber desde meses que este feito ía producirse. Pregúntanse os socialistas como é posible que sabendo deste evento non se crease ningunha partida nos orzamentos para atender os gastos que se estimaban, pois a data de xuño o concello non quere dar a coñecer a cifra de canto vai custar a Volta Ciclista para as arcas municipais e non entenden “o escurantismo con este tema”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad