Sthela Táboas 14/06/2021

Con bágoas de emoción e a voz entrecortada, despedíu tamén á que fora concelleira de Cultura e actualmente xefa de Gabinete, Tere Pérez

Hoxe Salceda de Caselas pechaba dous capítulos na vida de dúas grandes mulleres do municipio, Loli Castiñeira e Tere Pérez.

Por unha banda, tal como se sinalara en pacto de goberno, a actual lexislatura de catro anos dividiríase á gobernanza entre Movemento Salceda e PSOE, sendo hoxe celebrado o derradeiro Pleno Ordinario de Loli Castiñeira como alcaldesa, para tomar o relevo mañá a nova rexidora, Verónica Tourón.

Pero ademáis, hoxe despedíase tamén do Concello de Salceda de Caselas  á quen ata o de agora e dende fai dous anos, facía as funcións de Xefa de Gabinete, Tere Pérez, tras outros 12 como concelleira.

Deste xeito, moi emocionada Castiñeira a describía “no político un pilar fundamental na transformación de Salceda, nestes dous anos foi a xefa de gabinete do goberno salcedense, no persoal unha boa e xenerosa como ninguén, entregada que presta axuda sempre, da resposta a todo, polivalente , sabe traballar en equipo amable, educada e cen adxetivos máis. A política permitíume coñecela, man a man moitísimos anos converteunos en amigas, mil batallas vividas xuntas faran que non nos separemos nunca. No nome da corporación gracias Tere Pérez, grazas amiga.”  

Tere Pérez manifestaba a súa devoción pola “mellor alcaldesa que sempre terá a nosa vila” e na súa despedida social escribía no seu perfil “Hoxe toca agradecer ás persoas que ao longo destes anos compartiron proxecto conmigo, ás que nos deixamos a pel por cambiar Salceda, ás que defendemos o proxecto no que creíamos por enriba de todo, e coas que irremediablemente forxei a mellor das amizades nas duras e nas maduras”.

Tere Pérez, que fai tan só 25 días quedaba viúba ao falecer a súa parella e pai dos seus dous fillos nun tráxico accidente laboral, agradecía “ao persoal do Concello, que me demostrou que por enriba de todo somos persoas e que estiveron ao meu carón no meu peor momento, e volveron facelo hoxe no meu último día. Moitísimas grazas de corazón, compañeir@s”.

Remataba Tere cun “hoxe digo ata sempre a este proxecto, cos meus acertos e cos meus erros, pero podedes ter a seguridade de que canto fixen o fixen pensando na veciñanza de Salceda por enriba de todo”.

Dende PorriñoDigital queremos engadir que o Concello de Salceda perde a unha gran traballadora, sempre atenta a cada detalle, implicada na cultura e o seu espallamento, e por enriba de todo, gran persoa e muller loitadora coma ningunha.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad