Estanse a realizar asfaltados en viais de Areas, Caldelas e Ribadelouro
Está rematada a primeira fase da humanización da rúa Loureiro consistente no asfaltado do vial e a colocación de pasos de peóns elevados e redutores de velocidade. Estas obras supuxeron un investimento de 93.877,84 €, financiados integramente ao abeiro do Plan Concello 2020 da Deputación de Pontevedra.
O goberno municipal está traballando xa na segunda fase de humanización da rúa que consistirá na ampliación das beirarrúas, para favorecer así a mobilidade dos peóns, e garantir a seguridade dos mesmos.
Por outra parte están rematadas as obras de asfaltado executados no barrio de Figueira, en Areas, financiadas tamén pola Deputación de Pontevedra cun importe de 44.623,92 €.
Amais esta semana comezaron as obras de asfaltado no barrio do Calvario, en Caldelas de Tui, por importe de 45.918,85 €, cofinanciadas pola Xunta de Galicia ao abeiro do Plan Marco do ano 2020. Amais ao abeiro deste Plan Marco executarase o cambio da capa de rodadura na estrada de Eira Vella en Ribadelouro, unha obra que estará arestora en fase de licitación.