Sthela Táboas 04/06/2021

A concellaría de Urbanismo chegou a un acordo para a compra de 20.000 m2 de terreos na contorna do río destinados a crear unha gran zona verde no Porriño

A aposta por incrementar zonas verdes sempre formou parte do modelo de vila que o Bloque defende para O Porriño, pois xa no súa anterior etapa no goberno abriron as sendas peonís polo Louro.

Agora, a concellaría de Urbanismo dirixida polo nacionalista Pedro Pereira, vén de investir na compra de parcelas próximas ao río como primeiro paso para recuperar un entorno de gran valor ambiental. Preto de 20.000m2 que permitirán crear unha importante zona verde e de lecer tan necesaria para o centro urbano.

No BNG “somos conscientes de que a recuperación integral do río Louro para a xente, non será completa mentres o matadoiro permaneza na súa localización actual. Chegou o momento de afrontar un debate de tanta importancia para o futuro do Porriño. O desenvolvemento urbanístico da nosa vila non pode estar condicionado por unha localización que a día hoxe non atende a ningún criterio lóxico. Nin desde o punto de vista medio ambiental nin pola súa proximidade con tan importante núcleo de vivendas”.

Desde o Bloque fan un chamamento á empresa, axentes sociais e ao conxunto das administracións públicas para iniciar, canto antes, unha negociación que permita o traslado do matadoiro a un lugar máis acaído.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad