Mónica Romero 02/06/2021

Vai dirixido a persoas maiores de 55 anos promovendo un envellecemento activo e saudable

O programa Cultiva a Mente, posto en marcha polo Concello de Tui e AFAGA, retomou a pasada semana a actividade presencial. Até o 15 de xullo este programa desenvólvese durante hora e media á semana nos centros culturais de Areas, Caldelas, Guillarei, Pazos de Reis e Rebordáns, tras a mellora da situación epidemiolóxica e con todas as medidas de seguridade. Nos últimos meses a actividade mantívose de xeito telemático enviando o material a través de distintas plataformas ou ao domicilio.

Cultiva a Mente é un programa preventivo dirixido a calquera persoa maior de 55 anos. Os seus obxectivos son promover un envellecemento activo e saudable, coñecer coma funciona o noso cerebro, técnicas de aprendizaxe de mellora, estimulación de distintas funcións cognitivas coma memoria, atención, linguaxe, … e tamén fomenta a sociabilidade ao ser unha actividade grupal.

As persoas interesadas en participar nesta actividade poden presentar por rexistro de entrada a solicitude na casa do concello ou contactar con AFAGA no 986 22 97 97. Poden acudir a aquela parroquia na que hai prazas independentemente do seu lugar de residencia, sempre que sexa no termo municipal de Tui. Hai prazas libres en Areas, Caldelas, Pazos de Reis e Guillarei, mentres que Rebordáns que ten o grupo completo.

Os horarios da actividade son os seguintes: martes ás 10 h en Caldelas, mércores ás 10 h en Pazos de Reis e ás 12 h en Areas, xoves ás 9.30 h en Guillarei e venres ás 10 h en Rebordáns.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad