A organización ecoloxista en Vigo pretende contribuír a mellorar o seu ecosistema e recuperar o seus valores ambientais. Poñen en valor o río e subliñan a importancia de protexer a súa biodiversidade e calidade das augas.
Ecoloxistas en Acción presentou onte en Vigo o seu proxecto de renaturalización e protección ambiental do tramo urbano do río Lagares. A organización pretende así sensibilizar sobre a necesidade de protexer estes bens contra agresións medioambeitneis, loitar contra a contaminación acústica e “facer do lagares motivo de orgullo” para a cidadanía viguesa. Destacan, polo tanto, o grande interese ambiental do proxecto e tamén o importante interese social.
O proxecto encádrase na iniciativa que, a nivel confederal, impulso a organización en ríos urbanos de todo o Estado español. Son concretamente 10 proxectos dos ríos de Madrid, Barcelona, Elxe, Baracaldo, Granada, Málaga, etc., dos cales dous xa foron realizados.
Neste 2021, será a quenda de Vigo, xunto con tres proxectos máis. O tramo no que se actuará é de 8 kilómetros e atravesa a cidade. O obxectivo é mellorar a calidade ambiental e a biodiversidade, sendo a veciñanza a principal beneficiaria, pois permitirá aos vigueses e viguesas “desfrutar dun río ben conservado e cunha riqueza en biodiversidade importante”, declararon os voceiros da organización.