A alcaldesa visitou as instalacións deportivas xunto co concelleiro de Deportes aproveitando para a firma do convenio co Club
A alcaldesa Eva García, comprobou hoxe o resultado das obras de arranxo das pistas de tenis do Polideportivo Municipal. A rexedora compartiu a visita co concelleiro de Deportes, David Alonso e co presidente do Club de Tenis Porriño, Agustín Doval.
Arranxouse a superficie de pavimento “tennins quick”nas dúas pistas. Reparáronse e pintáronse de cor violeta cun orzamento que superou os 12.000 €.
Aproveitando o encontro, a alcaldesa e o presidente do club firmaron o convenio anual de subvención nominativa, polo que a entidade deportiva recibe unha achega municipal de 2.000 €.
Mediante o devandito convenio, o Concello cede gratuitamente as pistas do Centro Deportivo Municipal ao Club de Tenis Porriño para a práctica deportiva, tanto adestramentos como competicións. Lémbrase que o uso das instalacións é gratuito para calquera persoa allea ao club, sempre que solicite hora a través das oficinas do Polideportivo Municipal.