A empresa Trastes xa conta coa correspondente licenza de obras e acondicionamento do Concello do Porriño para a futura gardería que ocupará 448 m2
O pasado mes de abril, David Regades en nome de Zona Franca, entregaba as chaves de seis locais na planta baixa do Centro de Servizos en A Granxa, onde a firma Trastes xestionará unha escola infantil con 74 prazas para nen@s de 0 a 3 anos, así como servizos complementarios de 3 a 8 anos.
A empresa que vai xestionar a futura escola infantil no Polígono Industrial A Granxa, Trastes, dispón de licenza municipal do Concello do Porriño para executar as obras de acondicionamento do local, cedido pola Zona Franca. O espazo ten una superficie de 448 m2 e o orzamento estimado das obras é de algo máis de 55.000 €.
A documentación aportada pola mercantil, que dirixe Beatriz Cabaleiro, informouse favorablemente e a licenza de obra, outorgouse con data do 20 de maio firmada polo concelleiro responsable de Infraestruturas, Pedro Pereira.
A futura entrada en funcionamento desta gardería “atenderá unha vella demanda dos empresarios e traballadores dos polígonos industriais do Porriño. Como institucións públicas temos que favorecer e facilitar a conciliación familiar e laboral” declarou Eva García de la Torre.