Redacción 20/05/2021

Este sábado a Praza Arquitecto Antonio Palacios acollerá o seu recordo e homenaxe ca recadación da súa iniciativa “Rodando en bici contra el cáncer ‘Carlos Pintos’”

 

O ciclista porriñés afeccionado Carlos Pintos, deixábanos na madrugada do 25 do ano pasado, causando un grande vacío nos corazóns tanto dos porriñeses, coma de todo aquel que tivo a sorte de coñecelo en vida.

Sen dúbida algunha, Carlos sempre quedará na nosa memoria polo seu carácter desenfadado, polo seu soriso animoso, polas suas mangas cortas en pleno inverno, polas súas conversas, polas súas verbas de agarimo nos momentos crudos, pola súa paixón polas motos, polo amor incondicional hacia súa muller Mili, fillas, net@s, xenros e demáis familia; pero sen dúbida algunha, polo gran corazón que tiña e que decidíu parar de later na madrugada dun domingo para luns.

Caros Pintos foi quen de poñer en marcha, fai xa sete anos, a iniciativa “Rodando en bici contra el cáncer”; unha acción solidaria a través da cal doaba 1 € á Asociación Contra o Cancro do Poriño sempre que saía coa súa bicicleta, o cal facía diariamente.

Pintos, que sempre se caracterizou por ser unha persoa xenerosa e solidaria, nin sequera deixou de recadar fondos cando en marzo de 2020 se implantaba o estado de alarma máis restritivo. Durante os meses de confinamento, instalou un “rodillo” no salón da súa casa, co que percorría quilómetros a diario e botaba no seu bote o euro correspondente.

A piques de cumprirse un ano do seu falecemento, moitos compañeiros e amigos afeccionados ao mundo da bicicleta, quixeron continuar coa súa iniciativa solidaria.

Por todo elo, o vindeiro sábado día 22, entre as 11:00 h. e as 12:00 h. da mañá, situarase unha mesa recadatoria na praza do Concello do Porriño para que todas as persoas que recolleron o seu testigo poidan achegarse a depositar a súa recadación, cantidade total que se entregará á Asociación Contra o Cancro do Porriño, polo que, do mesmo xeito, calquera persoa poderá facer a súa doazón para contribuir coa causa alí mesmo.

Para finalizar o acto, soltaranse globos en homenaxe a Carlos Pintos e se lle agradecerá en público, o gran xesto de poñer en marcha unha iniciativa tan xenerosa e solidaria que, a partir do sábado, levará o seu nome.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad