Redacción 17/05/2021

Dentro do ciclo ‘Mos coa lectura’ de presentación de obras de autores locais, Cabaleiro presenta a sua obra “Clover”. Trátase dun libro infantil bilingüe galego-inglés, con ilustracións de Blanca Millán e editado por Aira.

 

O Pazo de Mos acolleu onte un novo acto de presentación incluído no ciclo ‘Mos coa lectura’ organizado polo Concello de Mos. A autora protagonista foi a porriñesa Beatriz Cabaleiro, que presentou a súa primeira obra literiaria: ‘Clover, unha porquiña diferente’, que conta con ilustracións de Blanca Millán. 

Beatriz Cabaleiro naceu en 1992 no Porriño, se ben parte da súa familia é natural da parroquia de Sanguiñeda. Na actualidade compaxina a docencia coa escritura. Tamén é membro do departamento de comunicación do Marisquiño. Colabora con concellos e centros educativos na organización de actos cos máis novos. redacta contidos relacionados coa cultura e a diversidade en diarios dixitais e exerce como profesora. É Graduada en Xornalismo pola USC (2015) e na English Studies College of Marin (2017).

O debú literario de Cabaleiro é unha obra de literatura infantil que versa sobre Clover, unha porquiña norirlandesa que acaba de chegar ao equipo de baloncesto de Vila Liberdade. As súas manchiñas, coa curiosa forma do trevo, van chamar a atención das súas compañeiras e espertar as súas suspicacias. Trátase dun álbum bilingüe galego-inglés pensado para lectores de Primaria.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad