Redacción 16/05/2021

Con motivo da celebración das Letras Galegas, na que se homenaxea a Xela Arias, impartíuse un obradoiro este vernes ao alumnado de 6º curso de Educación Primaria da man do docente e escritor Miguel A. Alonso Diz.

 

O alumnado de 6º curso de Primaria dos colexios mosenses de Petelos e Atín recibiu esta semana un obradoiro de poesía en homenaxe a Xela Arias. A actividade, que se ofreceu aos CEIPs mosenses con motivo do Día das Letras Galegas que se celebra o vindeiro luns 17 de maio, consiste nun obradoiro de poesía. A sesión foi impartida por Miguel A. Alonso Diz, que xa realizara un obradoiro municipal previo, de creación literaria, con motivo do Día do Libro celebrado o pasado 23 de abril.

Xela Arias non só foi escritora e poeta, tamén traduciu ao galego unha morea de novelas e contos escritos noutros idiomas. Tras rematar a carreira en 1996, fíxose realidade outro dos seus soños; o de ser profesora, concretamente de rapazas e rapaces de instituto, aos que lles transmitiu a súa paixón polo mundo da lingua e da literatura. Enormemente querida pola comunidade escolar e educativa, e especialmente nas aulas, desde o Concello de Mos quíxose achegar de novo a figura de Xela a elas, levándoa a través deste obradoiro ao alumnado do último curso de Educación Primaria.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad