Redacción 15/05/2021

Cunha duración de 250 h desenroladas na aula de restauración sita no Multiusos de Torneiros, agora o seus 5 participantes realizaron 150 h de práctica en locales hostaleiros da contorna

 

A alcaldesa de O Porriño, Eva García, xunto coa xerente de “Aceesca”, Ángeles Leirós, e o concelleiro de Servizos Sociais e Emprego, David Alonso, acudiron onte á clausura do curso de “auxiliar de operacións básicas de restaurante-bar” para persoas con disversidade intelectual, promovido por “Aceesca” e que se desenvolveu nas instalacións de “Porremeprego”.

O Concello cedeu á Aceesca o uso temporal da aula de restauración, existente no Multiusos Municipal de Torneiros, para unha formación práctica de alumnos do centro de educación especial. No curso, de de 250 h de duración dende febreiro ata onte, participaron 5 persoas.

A alcaldesa manifestou a súa noraboa aos aprendices que superaron este curso e que, a partir de agora, realizarán prácticas en catro establecementos hostaleiros da contorna durante 150 h máis, para completar a súa formación.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad