Redacción 12/05/2021

O premio de 2.000 € será doado á asociación de apoio a persoas con diversidade intelectual “Aceesca”

 

O Porriño é un dos concellos galardoados pola Xunta e “Ecoembes” pola súa achega á campaña de recollida de plásticos, latas e briks, “Recicla e únete ao reto!”. A campaña, desenvolvida simultáneamente en quince concellos galegos, consistíu en que todos eles asumiron o reto de superar, cando menos, nun 10% as achegas ao contedor amarelo durante os meses de febreiro, marzo e abril deste ano.

Coa ocasión deste reto, na praza do Concello colocouse en marzo un contedor amarelo xigante como reclamo da campaña de ensino á cidadanía de como separar correctamente os residuos. Trátase de incrementar a conciencia de reciclaxe e afianzar o hábito continuado entre a poboación.

O Porriño recibirá un premio económico dotado con 2.000 € para doar a una causa social. Por acordo do goberno municipal eses cartos dóanse á asociación de apoio a persoas con diversidade intelectual “Aceesca”.

O concelleiro de Medio Ambiente e Limpeza, Sergio Casal, será o encargado de recoller o premio, en representación do Concello do Porriño, no acto de entrega que terá lugar este venres 14, ás 12.00 h na Praza dos Barcos de Sanxenxo, presidido por Angeles Vázquez, titular da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad