Redacción 11/05/2021

Marga do Val ofrecerá unha conferencia sobre Xela Arias o sábado na Biblioteca Municipal

 

 

O Concello de Tui celebrará o Día das Letras Galegas cunha nova edición de Tui Le e da Feira do Libro Galego, adaptadas as actuais circunstancias sanitarias. A autora homenaxeada este 2021, Xela Arias, será a protagonista do programa cunha conferencia de Marga do Val, e coa lectura dos seus poemas. Tamén haberá espectáculos infantís con Pablo Sánchez e Paporrubio e un concerto de MJ Pérez.

 

A programación comeza o venres cunha edición en liña de “Tui Le” na que colaboran as bibliotecas escolares tudenses e as Bibliotecas Municipais de Tui e de Valença. Este ano o programa que se poderá seguir a través de tui.gal e das redes sociais municipais recolle por unha banda a lectura dos poemas do libro de “Vento, ventiño, venteiro” de Antonio García Teijeiro polo alumnado de Infantil e Primaria dos CEIP’s nº1, nº2, Guillarei, Randufe, Rebordáns, Pazos de Reis e Caldelas, do CRA Mestra Clara Torres, do Colexio Santa María Maristas. O propio escritor, Antonio García Teijeiro, saúda aos e ás escolares dándolles as grazas polo lectura dos ser versos e os agasalla cuns versos da súa autoría de “Poemar o mar” Amais o alumnado do Seminario Menor San Paio e do IES San Paio. Recitan poemas de “Darío a diario” de Xela Arias.

 

O sábado, 15 de maio, ás 12.30 h na Biblioteca Municipal terá lugar a conferencia “Xela Arias no século XXI” a cargo da escritora Marga do Val, que foi compañeira de xeración e amiga de Xela Arias. Na súa charla abordará a traxectoria e obra poética da autora a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas deste ano.

 

O luns, 17 de maio, Día das Letras Galegas, terá lugar a XXII Feira do Libro Galego que este ano debido á pandemia cambiará o seu formato habitual na rúa para realizarse nas propias librarías participantes “Espazo Lector Nobel” e Iris” que abrirán en horario e de mañá e tarde ofrecendo un 10% de descontos nos libros en galego.

 

Ao longo da xornada o Paseo da Corredoira, nun espazo habilitado con todas as medidas de seguridade e protocolo anticovid, acollerá distintos espectáculo cun aforo limitado a 80 persoas e para os que será preciso inscrición no lugar antes do comezo do espectáculo.

 

Ás 12.30 h o narrador Pablo Sánchez presentará “Os contos de Pablísimo” para público familiar. Ás 18.30 h Paporrubio presenta “Varietés do Animalario” un espectáculo de monicreques con música en directo. Por último ás 20.45 h a cantautora galega MJ Pérez, ofrecerá un concerto con pezas do seu repertorio no que se inclúen adaptacións de obras poéticas en galego.

 

Amais coma cada ano a Radio Municipal de Tui realizará un programa especial con motivo do Día das Letras Galegas.

 

A concelleira de Ensino e Cultura de Tui, Sonsoles Vicente, convida á veciñanza a festexar os día das nosas letras participando nas distintas actividades previstas.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad