Dentro do ciclo de presentación de libros escritos por autoras locais, Miriam C. Leirós descúbrenos a súa obra onde, desde unha perspectiva crítica, analiza aspectos socioeconómicos e medioambientais “agochados” nas obras infantís clásicas.
Onte pola tarde comezou o ciclo de presentación de libros de autores mosenses, ‘Mos coa Lectura’, presentando unha obra infantil cunha importante mensaxe de concienciación medioambiental e contra as desigualdades enfocada desde a perspectiva do humor. A autora, Miriam Campos Leirós, é natural do barrio da Porteliña, en Petelos, onde tamen se encontra a Biblioteca Municipal. A obra conta con ilustracións de Paloma Corral.
Miriam é mestra de primaria desde fai mais de 20 anos. Desde 2014 impulsa proxectos de sostenibilidade desde a educación reglada. Ademais escribe como colaboradora no magazine dixital “El Asombrario” na sección de educación ambiental. Na actualidade exerce tamén como coordinadora nacional do colectivo Teachers For FUTURE Spain que integra a máis de 2000 docentes.